lunes, 25 de marzo de 2013

Museos ou Videoxogos


EducaThyssen, en colaboración con Nintendo, ven desenvolvendo dende o ano 2010 unha serie de actividades educativas dirixidas, especialmente, a nenos e mozos, co obxectivo de aproximar as obras da Colección Thyssen-Bornemisza a un maior número de usuarios e fomentar, ao mesmo tempo, o emprego das Tecnoloxías do Aprendizaxe e o Coñecemento (TAC). Durante este ano 2012 o Museo dará un paso máis grazas ao proxecto "Aquí pintamos todos.".
Usando a videoconsola Nintendo 3DS XL e o novo programa para aprenderen a pintar paso a paso, New Art Academy, o Museo entrará nas aulas dos colexios de toda a xeografía española para crear tutoriais personais, trucos, videos e guías de acción, xerando unha rede de coñecemento global e social accesible aos usuarios de Nintendo e o xogo New Art Academy.

De forma paralela, e grazas a novos videotutoriais, mergullarémonos no mundo de pintores coma Gauguin, para descubrir a transformación da lenguaxe pictórica de finais do S.XIX, e experimentaremos a pintura "Ao aire libre" con grandes mestres como Van Gogh ou Cézanne, todo elo a partiren das diversas exposicións temporais que se sucederán no Museo Thyssen-Bornemisza.

Aquí Pintamos Todos. Os talleres de EducaThyssen viajan ás aulas.

Por primeira vez en España, un videoxogo servirá de ferramenta para extender o brazo educativo dun Museo máis alá dos seus muros, abrendo as súas portas e viaxando até as aulas buscando novos espazos de reflexión-acción, novos públicos e novas ideas.

Educathyssen propón a 30 profesores e aos seus alumnos a posibilidade de xerar unha estratexia educativa e cultural global entre o Museo e os centros educativos das diferentes comunidades autónomas, diferentes ciclos e aprendizaxes para lograr un fin común, o acceso de todos á cultura e á educación. Mediante unha serie de sesións formativas ao profesorado e a súa posterior transformación ye aplicación nas aulas dos recursos utilizados preténdese xerar unha base de recursos educativos innovadores xerados polos alumnos para a comunidade educativa interesada no proxecto.  New Art Academy será esta nova ferramenta que permitirá aos alumnos participantes comprender e aprender paso a paso as técnicas tradicionais de debuxo e pintura desenvolvendo as destrezas das técnicas artísticas e plantexar novas formas de traballo así coma a súa proxección, aplicación directa entre aulas e aa posibilidade de compartiren o seu coñecemento con outros usuarios de NINTENDO.

Como obxectivo final pretende mellorar o modelo de interrelación Museo-arte-educación, articulado en base aos seguientes obxectivos: Integraren o uso de videoxogos como ferramenta normalizada nas aulas, estableceren vínculos entre museo e escola como espazos de coñecemento, desenvolvento e innovación educativa, educaren na sensibilidade e despertaren o criterio persoal ante a obra de arte e o emprego de técnicas pictóricas, extenderen o espazo museístco accedendo a lugares pouco habituais, serviren de espazo de converxencia ao profesorado interesado en explorar novas fórmulas educativas para a enseñanza da arte, facilitaren a incorporación de proxectos en rede entre escolas.

Duración do proxecto para o profesorado

De octubre de 2012 a maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario